A Asociación Boa Vida Inclusión Activa presenta hoxe a súa nova campaña "Cambio de armario, fai unha recollida no teu edificio".

Odirector de Traperos de Emaús de Navarra, José María García Bresó, ofrecerá unha charla (20 horas no local da asociación na rúa Santa Clara, 35) na que repasará os 45 anos de loita da súa asociación, que asesora a Boa Vida, na cal traballa para "romper as dinámicas actuáis de desigualdade social e económica mediante un modelo cultural diferente, unha forma de relacionarse, traballar e de consumir distintos".

Coa campaña, Boa Vida quere dar un paso máis e ofrece ás diferentes comunidades veciñais unha recollida de roupa e obxectos de segunda man. Cos fondos recadados, a asociación facilita a inserción social e laboral de persoas en situación de dificultade da cidade.

Boa Vida instalará unha mesa informativa na praza de San Xosé hoxe entre ás 11 e as 13 horas. Ademáis tamén poderán deixarse obxectos no punto de recollida instalado no Café Moderno.