| O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, encabezou onte a recepción oficial ás asociacións da cidade no marco do programa "Maio, mes da lingua". O acto tivo lugar no Pazo de Mugartegui e foi unha oportunidade para agradecer ás asociacións pontevedresas o seu apoio ó galego e ó seu futuro.