Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Tocata para o fundador dun templo da gaita

Doce grupos e solistas homenaxenan a Pereira, dono do Eicho de Dar Queridiña

Xosé Carlos Pereira, fundador da taberna Eicho de Dar Queridiña.//RV

Máis que unha taberna ó uso, o Eicho de dar Queridiña foi durante máis de duas décadas un templo da gaita ó que peregrinaban cada ano centos de músicos tradicionais galegos e público de todas as idades que disfrutaba das interpretacións, da boa comida e tamén do engado do lugar.

"Por aquí pasaron todos os artistas da música tradicional galega, desde Carlos Núñez a Marcos Campos, e tamén artesáns como Seivane", explica Xosé Carlos Pereiro, que a principios dos anos 90 inaugurou a taberna, pechada dende fai máis dun ano pola xubilación do seu propietario.

Éste recibirá o vindeiro día 3 o recoñecemento da música galega nunha festa que principiará ás 10.30 horas cunha tocata na taberna. Este encontro dará paso unha hora despois a un roteiro musical polo centro da vila.

A Alameda será escenario a partires das 15.30 horas dun xantar popular e ás17 horas comezará á homenaxe, presentada por Luis "O Caruncho". Actuarán Pelica de Can, Sobre Rodas, Os Xeitosos da Insua, Choran as Pedras, Solfami, Contracocheno, Tanxedoras, Barrosantes, Malvares de Moscoso, Amoras Maduras, Calcetín Furado y Mercé Alegría.

Amais destes grupos e solistas xa confirmados pola organización, sumaranse á homenaxe "músicos convidados e sorpresas de artistas de nome recoñecido", sinalan dende a Asociación Agrupación Folclórica Nós Tamén Imos, que convoca a cita. A festa rematará pasadas as 22 horas cunha interpretación conxunta da peza Heicho de dar queridiña que deu nome á taberna.

Compartir el artículo

stats