Afundación continúa coas actividades programadas para a conmemoración do Día das Letras Galegas, este ano dedicado ao escritor Carlos Casares. A actividade principal é unha serie de sesións de contacontos interxeracionais que nesta ocasión se levará a cabo en Pontevedra na que socios do "Espazo +60 Afundación" e nenos de educación infantil descubrirán xuntos o conto "A galiña azul", unha obra que Carlos Casares escribiu para que Ana, unha rapaza que abandona Galicia xunto aos seus pais, nunca se esqueza do galego nin desta terra.

A sesión será hoxe coa participación de medio centenar de nenos de primeiro e segundo cursos de educación primaria do CPR San José. A actividade comezará ás 10 horas na primeira planta do Café Moderno.