| A Illa do Covo convirteuse onte nunha gran festa familiar. O programa Apego puxo en marcha esta xornada de convivencia de pais e fillos que residen en Pontevedra e noutros vintedous concellos que desenvolven o programa. A festa prolongouse dende as doce da mañán ata as sete da tarde e incluiu un amplo abano de actividades: música, obradoiros, narración oral, roteiros guiados, xogos, etc. Todo elo nunha zona de descanso e lecer.