20 de mayo de 2017
20.05.2017

Música, obradoiros, contos, xogos e roteiros, na festa final do Apego

O programa para facilitar a crianza en galego conta con máis de 200 familias en Pontevedra e unhas 3.000 noutros concellos

20.05.2017 | 03:36
Bea Martínez, Marcelo Dobode e Alberto Oubiña. // Rafa Vázquez

Música, obradoiros, contos, roteiros guiados e moitos xogos. O vindeiro día 27 a Illa do Covo será unha gran festa para despedir a xeira primaveral do Apego, programa do que forman parte máis de 200 familias de Pontevedra e que foi creado para fomento e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial dos bebés.

Éstes serán de novo os grandes protagonistas dunha xornada á que tamén están convidadas as familias que participan no Apego nos 23 concellos galegos que desenvolven o programa. Destaca a elevada participación en localidades como Vigo, A Coruña ou Carballo e a organización agarda que moitas delas se sumen á festa que celebrará Pontevedra ó lado do río, á sombra das árbores nas pradeiras da illa fluvial.

Aparcadoiros de carriños, zonas de descanto e aleitamento ou espazos para comer serán algunhas das facilidades para as familias.

O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou a festa nun acto no que tamén participaron Marcelo Dobode e Bea Martínez, dous dos artistas que participarán na celebración, neste caso co seu obradoiro-espectáculo "Percubebés", deseñado para que miúdos e maiores descubran o mundo das percusións e da arpa. A idea é que a descuberta do ritmo axude á capacidade neuronal, psicomotricidade e coordinación.

Este espírito de aunar xogos, música e en xeral desenvolvemento dos nenos co uso do galego en familia mantense nas distintas actividades programadas para a xornada. Ésta principiará ás 12 horas con "Percubebés", "Tirando do fío", con Fátima Villamel e o roteiro guiado polo narrador, actor e titiriteiro Inacio Vilariño.

Seguirá a "Alfombra máxica" de Bagaluva, onde os nenos están convidados a mergullarse nunha viaxe sensorial e experimentar nunha alfombra táctil, sonora e olfactiva. "Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar ou ver", sinala a organización.

Os "Nanocontos" de Raquel Queizás, un espectáculo que estimula as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos bebés a través de pequeñas historias adaptadas para captar o seu interese, ou "A bolboreta Rosseta", de Fedellas, unhas rapazas que veñen do Mundo dos Contos e que involucran a todos nos seus espectáculos nos que non faltan as tolemias, serán outras das propostas das festa.

Non faltará o citado "Tirando do fío", de Fátima Villamel, contos signados que son unha invitación a xogar coas letras e palabras, a soñar, descubrir historias que están nos beizos, no ar, nos libros? Tamén estará Magín Blanco con "Gatuxo", espectáculo que fusiona música, cantigas, teatro, contos, clown ou manipulación de obxectos, entre outras artes, e que interpretan en directo tres músicos a dúas voces e unha actriz.

Pola súa banda, Golfiños presentará o seu primeiro traballo discográfico, "Té, chocolate, café", proposta para xogar coas cantigas e aloumiños; e na festa do Apego os nenos también poderán acudir ó espazo de xogo libre, que contará cunha biblioteca infantil para regalar historias e numerosos xogos de construcción cos que os cativos poden divertirse mentras desenvolven capacidades motoras, cognitivas e sociais.

Outro espacio será "Xandobela" (que significa xogar en barrallete) con máis de 20 xogos artesanais de precisión, lanzamento, habilidade, enxeño ou cooperación.

En xeral, todo o programa é un convite para que os pais leven o seu xantar e merenda e disfruten cos seus nenos dun divertido día de familia en galego.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Pontevedra

El Peixe, a salir de dudas esta semana

El Peixe, a salir de dudas esta semana

El club espera el dictamen inmediato del CSD ya para conocer en qué categoría jugará

El Teucro avanza en su puesta a punto midiéndose al Porto hoy en O Rosal

El Teucro avanza en su puesta a punto midiéndose al Porto hoy en O Rosal

El Teucro avanza en su puesta a punto para el primer partido de Liga Asobal, que disputará...

Marín acoge en septiembre un nuevo clínic arbitral

Marín acoge en septiembre un nuevo clínic arbitral

Marín presentó ayer una nueva edición del Clínic de Árbitros de...

La historia granate atrajo a Martín

La historia granate atrajo a Martín

El Pontevedra presentó ayer al delantero que competirá con Ion Etxániz en la punta de ataque - El...

Andrés Lagos: "Quiero dejar todo atrás para rendir en el campo"

Andrés Lagos: "Quiero dejar todo atrás para rendir en el campo"

El futbolista espera convencer al club para tener una oportunidad en Segunda B

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine