Música, obradoiros, contos, roteiros guiados e moitos xogos. O vindeiro día 27 a Illa do Covo será unha gran festa para despedir a xeira primaveral do Apego, un programa do que forman parte máis de 200 familias de Pontevedra e que foi creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial dos bebés.

Éstes serán de novo os grandes protagonistas dunha xornada á que tamén están convidadas as familias que participan no Apego nos 23 concellos galegos que desenvolven o programa. Destaca a elevada participación en localidades como Vigo, A Coruña ou Carballo e a organización agarda que moitas delas se sumen á festa que celebrará Pontevedra ó lado do río, á sombra das árbores nas pradeiras da illa fluvial.

O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou esta mañá a festa nun acto no que tamén participaron Marcelo Dobode e Bea Martínez, dous dos artistas que participarán na celebración, neste caso co seu obradoiro-espectáculo "Percubebés", deseñado para que miúdos e maiores descubran o mundo das percusións e da arpa. A idea é que a descuberta do ritmo axude á capacidade neuronal, psicomotricidade e coordinación.

Este espírito de aunar xogos, música ou desenvolvemento dos nenos co uso do galego en familia mantense nas distintas actitividades programadas para a xornada. Ésta principiará ás 12 horas con "Percubebés", "Tirando do fío", con Fátima Villamel e o roteiro guiado polo narrador, actor e titiriteiro Inacio Vilariño.

Seguirá a "Alfombra máxica" de Bagaluva, onde os nenos están convidados a mergullarse nunha viaxe sensorial e experimentar nunha alfombra táctil, sonora e olfactiva. "Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar ou ver", sinala a organización.

Os "Nanocontos" de Raquel Queizás, un espectáculo que estimula as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos bebés a través de pequeñas historias adaptadas para captar o seu interese, ou "A bolboreta Rosseta", de Fedellas, unhas rapazas que veñen do Mundo dos Contos e que involucran a todos nos seus espectáculos nos que non faltan as tolemias, serán outras das propostas das festa.

Non faltarán os contos signados do citado espectáculo "Tirando do fío", de Fátima Villamel, unha invitación a xogar coas letras e palabras, a soñar, descubrir historias que están nos biezos, no ar, nos libros? Tamén estará Magín Blanco con "Gatuxo", un espectáculo que fusiona música, cantigas, teatro, contos, clown ou manipulación de obsectos, entre outras artes, e que interpretan en directo tres músicos a dúas voces e unha actriz.

Pola súa banda, Golfiños presentará o seu primeiro traballo discográfico, "Té, chocolate, café", unha proposta para xogar coas cantigas e aloumiños, e na festa do Apego os nenos también poderán acudir ó espazo de xogo libre, que contará cunha biblioteca infantil para regalar historias ós cativos e numerosos xogos de construcción cos que poden divertirse mentras desenvolven capacidades motoras, cognitivas e sociais.

Outro espacio será "Xandobela" (que significa xogar en barrallete) con máis de 20 xogos artesanis de precisión, lanzamento, habilidade, enxeño ou cooperación.

Trátase, lembrou o concelleiro, "dunh programa moi interesante con actividades ata as 7 da tarde, con expaxos de xogo e unha invitación a descubrir a illadun xeito diferente". Alberto Oubiña convidou a todas as familias interesadas a "traer a mantiña, o pic-nic e disfrutar" dun día en familia en galego.