18 de mayo de 2017
18.05.2017

Poio honra o día grande da lingua a base de deporte, literatura e cultura

O peirao de Raxó acolleu pola mañán a Carreira Popular polo galego -Á tarde, o Xaime Illa celebrou un acto con música, premios e as verbas reivindicativas de Montse Fajardo

18.05.2017 | 11:13
Raxó acolleu a Carreira Pola Lingua. // Gustavo Santos

Poio celebrou onte a súa xornada máis reivindicativa. O Concello da localidade organizou un programa de actividades durante boa parte do día para recalcar á vecindade a necesidade de usar o galego, que a día de hoxe está nunha posición de desventaxa con respecto ó castelán.

Desde ben cedo, ás 11 da mañán, o municipio contou con iniciativas que xeraron expectación na vila. O peirao de Raxó acolleu a Carreira Popular pola Lingua, na que a Concellería de Cultura e a de Deporte colaboraron estreitamente. Preto dun centenar de persoas non quixeron perder a proba deportiva de carácter non competitivo e achegáronse ata a beira do mar para facer un pouco de deporte e, de paso, demostrar que eles si están coa lingua galega aproveitando que o meteoroloxía acompañaba.

Os tres primeiros clasificados de cada unha das seis categorías recibiron un agasallo en forma de trofeo. Pero non foron os únicos, xa que todos os participantes das diferentes modalidades remataron a proba cunha medalla conmemorativa e algunha obra literaria que lembraba o derradeiro fin do acto e do día.

Xa despois do xantar, o Centro Cultural Xaime Illa, tamén en Raxó, converteuse en epicentro das Letras Galegas en Poio.Un Servizo Lúdico de Atención á Infancia, impulsado este ano, fixo máis doado que familias enteiras se achegasen ó lugar para disfrutar dun acto que tivo de todo.Comezou abrindo a escritora e xornalista Montse Fajardo, que utilizou o ton de denuncia do seu libro "Un cesto de mazás" para recalcar a importancia do uso da lingua nai e denunciar a súa situación de perda de falantes e desprestixio.

Posteriormente, despois dun pequeno debate, foi o turno da entrega de premios ós gañadores das diferentes modalidades do concurso literario de poesía e relato curto Xaime Illa.

Os vencedores compartiron con todos as súas creacións e recibiron un lote de libros xunto cunha reedición da revista "A Raxeira", que voltou ser editada con motivo do 25º aniversario do premio.

Como capítulo final, o músico arxentino, Juan Carlos Camba, interpretou un recital poético de Rosalía de Castro acompañado do seu piano para lembrar á gran figura da literatura do país galego. Xa como epílogo, a Escola de Música Tradicional interpretou,como viña sendo habitual noutros anos, o Himno de Galicia cos seus instrumentos para pechar un día de reivindicacións que non deben deben quedar sen ver a luz ata dentro doutros 365 días.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Pontevedra

La SD Teucro vence y convence

La SD Teucro vence y convence

Los azules le devuelven la derrota al Braga (33-31) en el debut en casa de la pretemporada -...

Derrota del Cisne (25-26) en el estreno de pretemporada

Derrota del Cisne (25-26) en el estreno de pretemporada

El Cisne cayó por la mínima (25-26) ante el Bm Nava en un partido muy igualado desde...

El Xuventú Sanxenxo se impone en O Carrasco

El Xuventú Sanxenxo se impone en O Carrasco

El Xuventú Sanxenxo se llevó el amistoso de ayer contra el Marcón...

Pintos volvió a disfrutar del deporte un año más

Pintos volvió a disfrutar del deporte un año más

| Decenas de corredores de todas las edades desafiaron ayer al calor veraniego para participar en...

Un favorito renovado para empezar

Un favorito renovado para empezar

El Celta B, uno de los tres equipos que arrasaron en el Grupo I la temporada pasada, ha sufrido...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine