| Levaba case unha semana de actividades relacionadas co galego e onte puxo o seu punto e final cunha morea de actividades para todos os gustos. Cuntis encheuse de música, pintura, inchables e descontos en diferentes tendas e restaurantes co motivo do Día das Letras Galegas. A vila termal disfrutou dun programa amplísimo de eventos que se iniciou pola mañán e continuou ata o serán cun xogo de rol e contacontos antes de dar diferentes premios.