14 de mayo de 2017
14.05.2017

"Ben veñas, maio 2017" remata coa entrega de máis de vinte premios

Recoñecéronse os traballos dos estudantes en varias categorías

14.05.2017 | 03:54
Concerto durante a celebración da entrega de premios. // G. Santos

O certame "Ben veñas, maio 2017", organizado polo Concello de Pontevedra, terminou onte coa entrega dos premios que recoñeceron os traballos dos estudantes nas categorías de música, banda deseñada, curtametraxes, fotografía, poesía e narrativa. O acto, no auditorio do Pazo da Cultura, contou con actuacións musicais.

O primeiro premio no concurso de música, dotado con 400 euros, foi para Sofía Cortés. O segundo, de 350 euros, levárono Zippo, formado por Desirée da Silva Martínez (IES Valle Inclán), Elena Corbillón Cabrera (IES Valle Inclán), Juan Martín Ragg Lucero (IES Ponte Caldelas)e Iñaqui Amatria Barral (IES Frei Martín Sarmiento). En cuanto ao terceiro premio, de 150 euros, recaeu en Faísca: Sara Rodríguez Pastoriza (IES A Xunqueira II) e Rubén Beiro Rodríguez (IES A Xunqueira II). Stock, con 400 euros, 100 por cada membro do grupo, quedou co premio especial. Os gañadores foron Julio Esteban González, José Lázaro González e José Manuel Castaño.

No relativo ao certame de banda deseñada, a categoría A quedou deserta por non recibir traballos, mentres que na B o primeiro premio foi para "Linguas", de María Rey Noya, do IES A Xunqueira I. O segundo foi para "Esencia", de Antía Piñeiro Pintos (IES A Xunqueira I), "Sen pensalo", de María Cacabelos Escudero (IES A Xunqueira I) e "Xeracións", de María Ángeles Vecino Iglesias, tamén do IES A Xunqueira I.

Curtametraxes

En canto ao apartado de curtametraxes, foi premiada "Unha soa decisión", de Ana Fernández Arruti López, do IES Sánchez Cantón. Pola súa banda, no de fotografía se recoñeceron os traballos "Unicornio azul", de María Paz Paz, IES A Xunqueira I; "Acentúate", de Carolina Munaiz Canosa, IES Sánchez Cantón, e "MB2", de Manuel Búa Barbosa, IES A Xunqueira I.

Na categoría A de poesía gañaron "A araña", de Paula Domínguez Bareiro de IES Valle Inclán (primeiro premio) e "Un poema" de Carta Gutiérrez Arias, do IES Valle Inclán (segundo premio). Na categoría B foron elexidos "Altea", de Noemia Veiga Gonçalves do IES Torrente Ballester; "O mundo no que te atopei", de Carlota Corredoira Sartier do IES Xunqueira I, e "Dígocho en soneto", de Fabio Rivas Pardo do IES A Xunqueira II.

Por último, no concurso de poesía houbo catro gañadores na categoría A. O primeiro premio foi para "O diario de Jack", de Alba Fernández Blanco do IES Sánchez Cantón. Os tres segundos recaeron en "Hey Jude", de Gonzalo Valiñas Baños de IES Torrente Balleste, "O neno folgazán", de Roi Varela Bernández do IES Torrente Ballester e "O fabricante de variñas", de Ana Fernández Arruti IES Sánchez Cantón.

O programa "Ben veñas, maio" está dirixido a promover o uso da lingua na mocidade a través de creatividade.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine