O colectivo Vista Leda, integrado actualmente polos artistas Dosinda Alonso Pájaro, Teresa Caramés, Dolores Sangiao, Juan Liñares e Carolina Cabaleiro, expón unha mostra de pintura no balneario Termas de Cuntis, titulada Unha ponte de cor entre o Deza e o Umia. A exposición, aberta ao público ata o vindeiro 1 de xuño, poderase visitar todos os días en horario de 9:00 a 23:00 horas.Está composta por 25 pinturas.