A Concellería de Cultura e Festexos de Poio, co gallo do Día Internacional do Libro, 23 de abril, desenvolve unha programación en diferentes locais municipais. Os comenzaron onte no Centro Cultural coa exposición do Libro de Manuel Ayaso "Humorismo gráfico de Castelao". Asemade, realizarase unha actividade de Animación á Lectura, xestionada en colaboración coa SCD Raxó, que propón para os nenos a partir de 6 anos.

O luns 24, a Biblioteca Municipal, collerá o testigo. A partir das 17.30 horas, sesión de contacontos, "Contos coma pingas", celebrando a choiva típica de abril, cunha chea de contos, rematando a sesión coa confección dun pau de auga (instrumento).

Na Casa Museo Colón, a veciñanza ou visitantes poderán contemplar unha das últimas obras doada a Casa Museo o pasado mes de marzo e que está expota no primeiro andar.

O Casal de Ferreirós acollerá unha sesión de contacontos, "A princesa que boquexaba a todas horas", a cargo da compañía Voltereta e Volvoreta. Será o domingo 23 de abril a partir das 17.30 horas. Os libros e os contos volverán ser os protagonistas.