Medio centenar de alumnos de Primaria do CEIP Álvarez Limeses realizaron o roteiro infantil polo centro histórico, partindo da praza da Peregrina en dous grupos. Co roteiro infantil, a Concellaría de Normalización Lingüística quere dinamizar o uso da lingua entre nenos de educación infantil e 1º ciclo de primaria. Os máis pequenos fan un percorrido guiado polo centro histórico, para descubrir a cidade a través de xogos. En cada parada haberá unha misión específica e didacticamente axeitada á historia do lugar e á idade dos participantes.na praza da Estrela terán que debuxar as imaxes da Casa das Caras e adiviñar a que gremio pertencen; na da Verdura recrease un mercado tradicional; medirán o Teucro cos seu pasos xogando coas medidas antigas e na Pedreira pechan os ollos para recoñecer os sons que habería antes da nosa época.