A Asociación Queremos Galego Marín, dentro da súa sección "O Tiraverbas", presentará o venres 31 de marzo, o segundo libro. Será "A soidade das medusas", da escritora afincada no Morrazo Iria Collazo López. "A soidade das medudas" é un libro de relatos, acompañados das ilustracións de Luz Beloso, que axudan da reflexionar sobre a vida, a morte, a soidade, os condicionantes que afectan as nosas vidas e que ás veces nos van unindo ou separando dos demais. A través das personaxes do seus relatos, aparentemente desconexos, a autora transmite o que dixo a filósofa María Zambrano, "todo ten dereito a ser, incluso o que non puido existir endexamais".

Iria Collazo López naceu en Barro (Pontevedra) en 1981, pero leva no Morrazo (primeiro en Moaña, agora en Cangas) desde os sete anos. Para a presentación deste libro, que terá lugar ás 20 horas na biblioteca de Marín, a Asociación Queremos Galego Marín contará coa presenza da súa autora, Iria Collazo López, da ilustradora Luz Beloso e do director da Editorial Galaxia, Francisco Castro.