Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

José Luis Calle: "O Gaiteiro de Viascón plantou a dignidade da gaita galega"

"É o punto de inflexión, fixo o camiño que moitos de nós tentamos facer agora, que é volver ás raíces"

José Luis Calle. // Gustavo Santos

José Luis Calle é un referente no estudo da música tradicional galega, biógrafo do Gaiteiro de Viascón e autor, entre outras, da obra "Ricardo Portela, a poesía musical de Galicia".

- Que significa Ricardo Portela na historia cultural galega?

-Penso que é o punto de inflexión, Ricardo Portela fixo o camino que moitos de nós tentamos facer agora, que é volver ás raíces, ó medio rural, el fixo realmente o camino de ida. Era un home de Viascón, que a base de esforzo persoal, de ser autodidacta e de labrarse unha cultura, unha maneira de expresarse e de falar en público fixo a conexión cos medios de comunicación e eso foi o vencello simbólico para atraer o verdadeiro mundo tradicional da gaita ó mundo actual, urbano.

- Malia ser autodidacta seica era un autor muy académico

-Extremadamente, tiña unha base cultural sorprendente, tocaba moitísimos temas, literatura, música clásica, e todo eso realmente estaba tamén reflexado na súa maneira de interpretar, de achegarse á expresión da gaita; o rigor nos ensaios, na execución das pezas, na percura das fontes orixinais das pezas, nese sentido sempre foi extremadamente riguroso e metódico.

- Tamén se gabou a súa defensa dun xeito diferente de tocar, especialmente nun momento de homoxeneización da gaita. Coincide con esta visión?

-Eu creo que non, Ricardo Portela sempre tivo as ideas moi claras pero tampouco non tivo medo de traballar con persoas que miraban con diferentes perspectivas ó mundo do folclore, el é un referente do que hoxe chamamos estilo tradicional e irrenunciable, pero sempre estivo aberto á colaboración.

- Como era persoalmente o Gaiteiro de Viascón?

-Espectacular (sorrí), espectacular, arrollador, unha pensonalidade impresionante, non pasaba desapercibido, era unha persoa extremadamente cariñosa, falador pero ó mesmo tempo serio, humano, entrañable, non chegaría toda a lista de adxectivos.

- Entenderíase a música galega actual sin Ricardo Portela?

-Sin Portela faltaría unha parte importantísima da música galega actual porque a súa aportación non somentes é musical senón simbólica e icónica, representativa, o Gaiteiro de Viascón foi un personaxe que plantou a bandeira da dignidade da gaita.

Compartir el artículo

stats