24 de febrero de 2017
24.02.2017

"Foi unha poeta moi importante"

Os nenos de Poio descubren activamente a Rosalía de Castro en varias actividades formativas

24.02.2017 | 03:56
Os nenos dos EEI do Vao e Portosanto pintan o mural. // Gustavo Santos

Poio adiantouse un día ó 180 aniversario de Rosalía de Castro. Con diferentes actividades, quixo amosarlles ós nenos da vila a importancia trascendental que tivo a escritora no Rexurdimento da lingua galega tras os séculos escuros, nos que o idioma, censurado, perdeu moitísima presenza. Con estas iniciativas, os cativos achegáronse máis de preto á figura de escritora.

"Os nosos pais dixéronnos que foi unha poeta moi importante", contan Teo e Pablo, os dous primeiros nenos que se achegaron onte á tarde á Biblioteca Municipal para disfrutar do mundo de Rosalía de Castro. Son aínda pequenos (non superan os dez anos), pero sexa porque xa lle falaron dela no colexio ou ben porque os seus proxenitores lles explicaron a súa importancia, chegan coa lección ben aprendida.

Hoxe é o día no que Rosalía de Castro cumpliría 180 anos, pero Poio xa se quixo adiantar á celebración e, para non facer coincidir a súa particular homenaxe á escritora co Entroido, programou un guión de actividades nos que os máis pequenos foron os protagonistas. Pola tarde, a biblioteca de Campelo foi o lugar elixido para reunirse. Alí, Pablo, Teo e os demais rapaces descubriron activamente á máxima expoñente das letras galegas. No espazo municipal, todo fixo referencia a Rosalía. Desde o fío musical, no que sonaban as letras dos seus poemas entonadas por grandes voces galegas coma Lucía Pérez, ata un photocall rosaliano no que os presentes podían inmortalizarse coa escritora de Padrón.

Tamén houbo cabida para os obradoiros tanto para nenos como para pais. Neles, destacaron as carautas rosalianas para aproveitar de cara á chegada do Entroido. Tamén se preparou un collage de follas coma homenaxe á súa obra máis senlleira: Follas Novas.Os pequenos puideron facer sopas de letras e divertíronse atopando os poemas agochados, mentres que os maiores disfrutaron dun conto que a editorial UNCO lle adica a Rosalía de Castro, con textos de María Lado e ilustracións de Eva Agra.

Mural

Pola mañán, os protagonistas foron os rapaces das Escolas Infantís do Vao e Portosanto, que se achegaron ata o tanque dos patos do parque de Costa Xiráldez para deixar a súa pegada nun mural.Os sprays foron os utensilios utilizados para resaltar o perfil da escritora.

Mentres, hoxe rematan os actos organizados en Poio coas iniciativas feitas polos nenos da Ludoteca de Inverno, que amosarán o seu propio mural e realizarán un recital poético que lles servirá para lembrar sempre a importancia de Rosalía.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Pontevedra

Hugo Barreiro
Tres años que ya son historia granate

Tres años que ya son historia granate

Luisito cumplió ayer su tercera anualidad al frente del Pontevedra - Ha ganado un 47% de los...

El Poio Pescamar busca en Soto del Real asentarse entre la nobleza de Primera

El Poio Pescamar busca en Soto del Real asentarse entre la nobleza de Primera

El equipo poiense pretende volverse de Madrid con su cuarto triunfo consecutivo

Viajar al sur para reencontrar el norte

Viajar al sur para reencontrar el norte

El Cisne visita hoy al Antequera para romper la dinámica de dos derrotas

Pontevedra acoge a la cantera del bádminton

Pontevedra acoge a la cantera del bádminton

El Pabellón del Sánchez Cantón acoge el campeonato a partir de las 10 horas

El Teucro y la pastera Ence se unen con el fin de usar el deporte "para educar"

El Teucro y la pastera Ence se unen con el fin de usar el deporte "para educar"

| Los colegios de Primaria de Pontevedra acogerán hasta finales del año las charlas...

Rafa Sáez: "Ha sido una semana complicada, los incendios nos han afectado"

Rafa Sáez: "Ha sido una semana complicada, los incendios nos han afectado"

Los entrenamientos del próximo rival de los granates no se pudieron efectuar en el lugar habitual...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine