24 de febrero de 2017
24.02.2017

David Amor: "Pontevedra é moi humana, aquí pódese vivir"

"Aínda nos dá a luz do sol, é unha cidade que namora"

24.02.2017 | 05:30
Nado en Salceda de Caselas, deu voltas por varios puntos de Galicia. Empadroouse en Tui de onde é a familia da súa nai, pasou por Viladecruces, de onde é o seu pai, viviu un tempo na Estrada, pero un día con 14 anos chegou a Pontevedra e desde entón, el mesmo o di, é pontevedrés. "Pontevedrés por elección". Aínda que polo balonmán volveu pasar por Granada e pola súa faceta de actor por Santiago, el sempre volve.

-Viviu en moitos sitios diferentes, se elixiu Pontevedra será por algo?

-Despois de ver moitos pobos penso que Pontevedra é a mellor cidade para vivir. Por calidade de vida. Xunta moitas cousas para ser feliz, daquela o resto telo que poñer ti. Pero, por filosofía de cidade é un escenario perfecto.

-Por qué? Que é o que a distingue?

-Todo é próximo, é doado de percorrer camiñando, é sinxelo aparcar. Sei que afirmar isto soará raro, pero non creo que ningunha capital galega teña un só parking gratuíto tan preto do centro como temos nós, que temos os do pavillón e o do Pazo dá Cultura. E ademais é unha cidade que ten tódolos servizos necesarios co ambiente familiar dun sitio pequeno. É unha mestura perfecta.

-Lembra a cidade anterior ás reformas?

-Si, lémbrome. Todo cheo de coches pola zona vella. Eu cada vez que podo escapo de Madrid e a xente pregúntame por que. A verdade que é un orgullo porque cada vez que alguén me fai caso e ven de visita logo dinme: "agora entendo porque vés tanto a Pontevedra". É unha cidade moi humana na que aínda se pode vivir. A xente está a pasear pola rúa, teñen unha zona vella con monumentos espectaculares, non fai faia escapar a un centro comercial, aínda nos dá a luz do sol, é unha cidade que namora.

-Por iso te sentes pontevedrés?

-Un non é de onde nace senón de onde quere estar. Eu considérome pontevedrés e son un veciño pontevedrés. Encántame vir á Praza da Ferrería, un lugar con moita vida, e pasear ata a Alameda, é unha zona que me dá moita tranquilidade e onde estou moi a gusto.

-Recomendas Pontevedra sen temor a equivocarte?

-Obrigo á xente a que veña. Se alguén vén a Galicia, gozar das rúas desta cidade e tomar unha cervexa na Praza da Verdura é un moi bo plan. E ademais é o punto ideal para facer base e logo saír a coñecer. Unha cidade tranquila, cómoda e ben comunicada.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Pontevedra

A la zona alta se llega por Pasarón
A la zona alta se llega por Pasarón

A la zona alta se llega por Pasarón

El Pontevedra afronta el derbi después de romper la buena dinámica con su derrota ante el Rayo -...

El Cisne paga sus desconexiones

El Cisne paga sus desconexiones

El cuadro lerezano se fue al descanso por delante, pero no fue sólido atrás en el segundo tiempo y...

Silvia Aguete y una gran defensa suman la cuarta seguida para el Poio

Silvia Aguete y una gran defensa suman la cuarta seguida para el Poio

El cuadro conservero venció con apuros a un combativo Soto

Un gran Pontevedra pasa por encima al Alondras

Un gran Pontevedra pasa por encima al Alondras

Goleada del cuadro de Luismi a un rival directo ä Dobletes de Iñaki y Garrido

Sin la fatiga como excusa ante el Genil

Sin la fatiga como excusa ante el Genil

El Teucro culmina una semana cargada con el partido matinal contra Ángel Ximénez

Domingo de finales en el Torneo Junior de Sanxenxo

Domingo de finales en el Torneo Junior de Sanxenxo

Sanxenxo madruga hoy para elegir campeones. A las 9:15 horas comenzará la final femenina...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine