O arqueólogo marinense Álvaro Arizaga Castro, profesor na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, impartirá unha charla este xoves a partir das 20.00 horas no Ateneo Santa Cecilia, co lema "O patrimonio cultural de Marín, unha situación de urxencia". "A urxencia no patrimonio cultural é moi grave e os riscos con inminentes", ten advertido este profesional nunha recente carta aberta ao Concello de Marín.

Arizaga vén advertido dende hai varios anos aos responsables municipais -a través de varios informes- da necesidade de abordar unha fonda revisión do catálogo arqueolóxico do PXOM, no que todos os elementos inventariados están "mal localizados e insuficientemente protexidos", ten asegurado este arqueólogo e profesor.