11 de febrero de 2017
11.02.2017

Divulgadores científicos da ESO

O alumnado de cuarto curso do instituto de Poio publicou un libro sobre curiosidades da ciencia, que venderán para sufragar unha excursión

11.02.2017 | 03:08
O alumnado que participou na elaboración do libro. // Gustavo Santos

O alumnado de 4º da ESO do IES de Poio publicou un libro sobre curiosidades científicas. A obra, editada polo Equipo de Dinamización Lingüística do instituto foi escrito, ilustrado e maquetado polos propios alumnado de cuarto. Nel, os alumnos e alumnas explican fenomenos físicos sorprendentes, como as auroras boreais, a existencia dos aneis de Saturno, ou o efecto das bólas de fútbol ao xirar. Tamén explican cuestións de corte máis filosófico, como por que se di que somos po de estrelas, se podemos viaxar no tempo ou se existen outros planetas habitables no Universo. Textos sobre o arco da vella, a proba do Carbono 14, a materia e enerxía escuras, entre outros, completan os 13 artigos nos que se remata suxeríndonos unha sorprendente pregunta: "Choven diamantes en Xúpiter?".

A primeira edición, de só 100 exemplares, está a venderse para recadar fondos para a excursión de fin de curso a Cataluña, e está a piques de esgotarse, polo que se está a barallar a posibilidade de facer unha segunda tirada de exemplares.

A obra foi coordenada polo profesor de Física e Química e a corrección lingüística correu a cargo da profesora de Língua Galega de 4º da ESO. Esta actividade forma parte do Plan Lector do centro.

Na contracapa do libro os autores explican que a xeración do alumnado de 4º da ESO xa non lembra un mundo sen teléfonos móbiles. A do profesorado non lembra un mundo sen televisión e a dos nosos avós non lembra un mundo sen automóbiles.

Indican que a luz eléctrica chegou a Galicia no 1888 e, um século antes, o desenvolvemento da máquina de vapor constituía o punto de partida da Revolución industrial en Inglaterra. "Só nos separan sete xeracións dese momento, 200 anos de aplicación de teorías científicas a avances tecnolóxicos, que mudaron o mundo como case ninguén era capaz de imaxinar", engade.

Só seis xeracións pasaron desde que Ada Lovelace ideou a primeira máquina computadora, once desde que Isaac Newton enunciou a súa Lei da Gravitación Universal e dezaseis desde que Nicolás Copérnico postulou que non era o Sol o que xiraba arredor de nós, senón ao revés. Hai 53 xeracións que Hipatia de Alexandría perfeccionou o astrolabio para mellorar as súas observacións e ensinar astronomía aos seus estudantes. E hai 65 xeracións, neste pequeno recanto de Europa, aínda vivíamos en castros, segue o libro. "Eses últimos anos dos máis de 100.000 desde que a nosa especie habita o planeta deparáronnos os descobrimentos e avances máis asombrosos, pero nada tería sido posible sen a capacidade e a fascinación do ser humano por comprender o que sucede ao seu redor", conclúen.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Pontevedra

Daniela Vismane también se corona en Sanxenxo

Daniela Vismane también se corona en Sanxenxo

La letona ganó la pasada semana en Pontevedra - Andreev venció en chicos

Manuel Guerreiro y Leticia Fernández se imponen en la media maratón

Manuel Guerreiro y Leticia Fernández se imponen en la media maratón

En la prueba, por el centro de Pontevedra, participaron alrededor de 1.300 atletas

Las víctimas de la plaga de incendios, en el recuerdo

Las víctimas de la plaga de incendios, en el recuerdo

Fue una tragedia que azotó a toda Galicia, pero sobre todo a Vigo y en especial al Coruxo....

"Es muy difícil jugar tan mal"

"Es muy difícil jugar tan mal"

"Lo mejor es el resultado, solo nos queda pedir perdón al aficionado que pagó la entrada"

"La victoria no debe engañarnos"

"La victoria no debe engañarnos"

"El partido no ha sido bueno, hay muchos errores que corregir"

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine