O profesor, crítico literario e escritor vigués Ramón Nicolás será o protagonista da presentación literaria que se celebrará neste Venres do Ateneo, a partir das 20.00 horas, con motivo da segunda edición do seu libro "O espello do mundo", publicado por Xerais. Trátase da súa primeira novela, enraizada no cenobio feminino de San Pedro de Ramirás, en Ourense; unha obra que combina trazos de novela histórica, con ingredientes da literatura de misterio e documental.