Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Luis Davila: "A muller brava representa perfectamente á galega: voluntariosa, nada se lle pon por diante"

"O meu proceso creativo parte do que lle interesa á xente"

Luis Davila ante algúns dos debuxos da exposición. // Rafa Vázquez

Deseñador gráfico e humorista natural de Bueu, Luis Davila é un dos debuxantes máis queridos do país. Publicou seis libros e é ademais blogueiro e pintor.

-Como é o seu proceso creativo?

-Fundamentalmente pola mañá consiste en estar dando unha volta polo pobo, vir aquí ata Pontevedra ou ir a Vigo para respirar un pouco o que está falando a xente, o que lle interesa, o meu proceso creativo parte do que lle interesa á xente. E aparte informarme moito coa prensa escrita e coa radio e estar no meollo do que pasa. Logo séntome no ordenador sobre as catro e media a tratar de que saia unha idea, con ese caldo de cultivo que preparei pola mañá trato de sacar unha reflexión ou simplemente un gag.

-E sal sempre?

-Se sal nada máis sentarme aplaudo e fago castañuelas, agora ás veces atascase a idea, entón o que fago é seguir investigando nas redes sociais ata que xurde a chispa e aparece esa idea, pero ás veces son as dez e media ou as once e estanme chamando xa do xornal: "que, tes a viñeta lista ou qué?".

-Se algunha persoaxe lle gusta é a muller brava

-A muller brava, si, porque a muller brava penso que representa perfectamente á muller galega, unha muller voluntariosa, que non se lle pon nada por diante, capaz pola mañá de atender a casa e pola tarde se fai falta ir á leira e pola noite facer unha cena para trinta. Ela enfúndase na súa bata de alivio (sorrí), na súa bata de cotío que é coma o traxe de superheroína, coas luvas nas mans, as botas catiuskas e para adiante.

-A viñeta na que o ladrón do Códice chegaba co Apóstolo á casa e a muller lle berraba deu a volta ó país...

-Ese debuxo do Apóstolo foi no momento xusto no que todos estabamos falando daquel afaire entre Manolo o electricista (risas) e o Códice e foi un dos máis famosos.

-Ten algunha viñeta favorita?

-Esa do Apóstolo é unha, outro dos debuxos que me gusta especialmente é a visión que temos coas macroenchentas das comidas, esta maneira nosa que temos de encher a mesa con moitísima comida. É o debuxo no que unha muller se achega á mesa dunhs turistas cunha bandexa de churrasco inmensa, chea ata arriba, e eles, claro, están alucinados coa montaña de carne que lles presenta e ela di algo así como "aínda quedaron os criollos no arcón" (risas), é unha das que máis éxito tivo e das máis queridas porque son esas viñetas que si cabe teñen un plus de aceptación por parte dos lectores.

Compartir el artículo

stats