05 de diciembre de 2016

A cultura galega atrae a 15.000 persoas en tres días

O Culturgal pecha as súas portas cunhas cifras de asistencia de público similares ás do ano pasado - A vindeira edición terá lugar o 1, 2 e 3 de decembro de 2017

05.12.2016 | 10:27
A cultura galega atrae a 15.000 persoas en tres días.// Rafa Vázquez

A feira das industrias culturais de Galicia pechou onte as súas portas despois de tres días de intensa actividade. O Culturgal 2016, que se celebrou baixo o lema "Cultura, comunidade, futuro", repite cifras de visitas respecto á anterior edición, xa que, segundo a organización, foron preto de 15.000 persoas as que pasaron polo Recinto Feiral e o Pazo da Cultura de Pontevedra para estar en contacto coas novidades e tradicións da literatura, a música, o cine, o teatro e todo tipo de manifestacións culturais e artísticas. A organización da feira está a pensar xa en levar a iniciativa fóra de Pontevedra, mantendo a súa sede orixinal na cidade. "O Culturgal debe afrontar novos retos e proxectarse fóra, interactuar con outros ámbitos e debuxar novos horizontes", asegura o editor Manuel Bragado, presidente de Culturgal. A vindeira edición xa ten datas e lugar: o 1, 2 e 3 de decembro de 2017 en Pontevedra.

Despois de tres días de frenética actividade, o Culturgal botaba onte pola tarde o peche á súa novena edición. A feira das industrias culturais de Galicia pode presumir de ter contabilizado preto de 15.000 visitas, unha cifra moi similar á do ano pasado.

Baixo o lema "Cultura, comunidade, futuro", o Culturgal 2106 despedíase onte do público pontevedrés e galego en xeral cun balance moi positivo. Polo Recinto Feiral e o Pazo da Cultura de Pontevedra pasaron milleiros de persoas que quixeron vivir en primeira persoa todo o relacionado coa cultura galega. Literatura, cine, música, teatro, artesanía e ciencia, entre outros, deron cita a grandes e pequenos nun espazo de encontro e mediación dos diversos sectores empresariais da cultura coa cidadanía e as institucións.

A falta de un par de horas para que pechara a feira, a organización do Culturgal estimaba en preto de 15.000 as visitas. "Estariamos, polo tanto, nunhas cifras moi semellantes ás de 2016 nesta nova edición", aseguraban os organizadores.

E non ben terminou esa entrega e o equipo xa ten a cabeza en 2017 para preparar a vindeira, que terá lugar do 1 ao 3 de decembro, de novo na cidade de Pontevedra.

Dende o Culturgal se considera que esta cita "xa é unha comunidade". "Está consolidado e establecido no calendario, nun espazo e nunha cidade que é Pontevedra. É un evento de utilidade social no que está testada a alianza entre industria, institucións e públicos e na que se mostran formatos e fórmulas colaborativas entre diferentes axentes", sinala Manuel Bragado, presidente de Culturgal.

O editor considera que a feira "xa supera a etapa de lanzamento e consolidación". "Con nove edicións ás costas xa podemos dicir que hai nenas e nenos que creceron con Culturgal", afirma.

Para o presidente de Culturgal, "a Feira xa é adulta e que debe afrontar novos retos". "Estamos convencidos da necesidade de abrir e proxectar o Culturgal fóra, interactuar con outros ámbitos e debuxar novos horizontes. Desde Pontevedra, a cidade na que esta feira medrou e consolidouse. Sentímonos e percibímonos como unha comunidade, unha comunidade que se construíu ao redor de Culturgal e coa décima edición na cabeza debemos asumir novos retos", explica.

E de feito, eses novos retos e esa reorganización é unha das demandas más frecuentes entre os propios participantes da feira, así como por parte do público que a visita dende hai anos. É este, precisamente, o que vota o Premio do Público, que este ano recaeu no Festival Agrogay da Ulloa.

Máis de 150 empresas

A directiva do Culturgal conta con varias asociacións, que representan a máis de 150 empresas. A Asociación Galega de Editoras, AGE, é unha delas. Leva máis de 25 anos coordinando a iniciativa empresarial da edición en lingua galega e integra a máis do 90 por cento do sector editorial de Galicia.

Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas das Artes Escénicas, creada en 2002, é outra delas. Completan o listado Eganet, que agrupa a máis de 70 empresas centradas na internet e nas novas tecnoloxías; a Asociación Galega de Produtoras Independentes, Agapi, e a Asociación Galega de Empresas Musicais, Agem.

Máis de 120 actividades conformaron o programa deste ano, que comezou o pasado venres e rematou onte pola tarde.

Foron moitos os escritores que estiveron no Recinto Feiral. María Reimóndez, Ledicia Costas, Héctor Cajaraville, María Lado, Eli Ríos, Ismael Ramos, Rosalía F. Rial, Tamara Andrés, Jesús Castro, Claudio Rodríguez Fer, Carlos Meixide, Tiago Alves Costa, Teresa Moure, Carlos Quiroga, Carlos Pazos, Carlos Taibo, María do Cebreiro, Alberto Canal, Manuel Gago, Ramón Nicolás, Blanca Riestra, Miguel Sande, Daniel Asorey... Pero tamén houbo recoñecidas figuras doutros ámbitos da cultura, como a música, o teatro ou o cinema, de xeito que se deixaron ver Rosa Cedrón, Xosé Manuel Budiño, Mercedes Peón, Uxía, Tanxarina, Ignacio Villar...

E igual que nas últimas edicións, as entradas ao recinto foron simbólicas, de 2 euros os adultos e de 1 euro os rapaces menores de 12 anos. A finalidade destes tickets non é outra que a de prolongar a vida da feira por moitos anos máis.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Pontevedra

Iván Martín, con el balón, en el primer entrenamiento. // Rafa Vázquez
Un favorito renovado para empezar

Un favorito renovado para empezar

El Celta B, uno de los tres equipos que arrasaron en el Grupo I la temporada pasada, ha sufrido...

La SD Teucro debuta en casa

La SD Teucro debuta en casa

Los azules juegan hoy en el Municipal (20.30 h) ante el Braga

Iván Martín, refuerzo para el ataque

Iván Martín, refuerzo para el ataque

El Pontevedra firma al delantero, que ocupa ficha Sub23, y deja la ficha senior disponible para...

El Ofisgón cambia Moaña por Marín

El Ofisgón cambia Moaña por Marín

El equipo que milita en la segunda nacional ha fijado su sede en el colegio San Narciso

Marín se enorgullece de sus taekwondistas

Marín se enorgullece de sus taekwondistas

El Ayuntamiento de Marín, con su alcaldesa María Ramallo al frente, recibió...

El Pontevedra ficha al delantero Iván Martín

El Pontevedra ficha al delantero Iván Martín

Los granates refuerzan el ataque antes de comenzar la temporada y dejan una ficha senior...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine