A cultura galega é "unha comunidade plural e aberta capaz de xenerar orgullo colectivo", lembrou o presidente da Asociación Culturgal, Manuel Bragado, na apertura da feira das industrias culturais, que esta fin de semana convoca en Pontevedra aos principais actores e representantes do sector do libro, as artes escénicas, a música, as novas tecnoloxías, o audiovisual, a consultoría e asesoramento cultural, os medios on line?

Os distintos produtos, servizos e ideas amosanse en 81 stands que ocupan todo o recinto feiral e nos que están representadas máis de 100 empresas, agrupadas baixo o lema "Cultura, Comunidade, Futuro".

Éste alude á corresponsabilidade das empresas e profesionais participantes, pero tamén do público, os máis de 15.000 visitantes que agarda recibir a feira e que un ano máis pagan unha entrada simbólica (2 euros por día os adultos e 1 os menores de 12 anos) para contribuir ao mantemento do Culturgal.

O público familiar ten un ano máis un especial protagonismo e xa nas primeiras horas a feira recibiu a visita de ducias de nenos, que tiveron oportunidade de facerse fotos co Xabarín, Pikachu ou Doraemon, de visita no Culturgal. A uns metros, uns adolescentes probaban a converterse en presentadores do Telexornal, lendo unha noticia diante das cámaras. As gravacións realizadas poderán verse nos vindeiros días, na páxina web da Televisión de Galicia.

Participar nas presentacións de libros, achegarse ás novidades que os distintos sectores presentarán no vindeiro 2017, disfrutar da música, dos monicreques, do teatro, mercar, debater ou ver audiovisuais son algunas das máis de 100 actividades complementarias, un programa inabarcábel que, como lembrou Manuel Bragado, "é unha auténtica proeza".

O diputado provincial de Cultura, Xosé Leal, calificou de "fito" a "cantidade inxente de actividades, que proba o bulir da nosa cultura". No stand da Diputación teñen especial protagonismo 35 concellos de Pontevedra que realizarán presentacións dos seus principais activos culturais, monumentais, de natureza etc nun anticipo da programación do 2017, Ano do Patrimonio.

Pola súa banda, o director xeral de Cultura incidiu no "papel central de Culturgal como escaparate da cultura galega", un sector que "xera emprego e riqueza, mentras que oturas iniciativas teñen que ver coa culatura de base, imprescindíbel para o noso progreso".

O alcalde de Pontevedra e anfitrión do Culturgal, Miguel Anxo Fernández Lores, aludiu ás ameazas á nosa lingua e cultura derivadas da globalización antes de convidar á festa, ao optimismo e á celebración da nosa creatividade e facer votos porque saibamos "consolidar e vivir do noso" nun sector, o cultural, que atravesa un forte momento de cambio.

E despois do arranque,a feira propón hoxe máis de 45 actividades, de novo para todos os gustos, desde as presentacións do Ano do Patrimonio o fanzine GzMusica.com que recolle todo o relativo á música galega, do programa "Nortear" da Xunta para promocionar e difundir a cultura entre a cidadanía galega e o norte de Portugal, ou da "Marca CE", un distitntivo dos xoguetes comercializados en Europa...

Tamén haberá conversas con María do Cebreiro e Marilar Aleixandre, presentacións de libros de Tago Alves, Carlos Taibo, Carlos Paxos, Claudio Rodríguez Fer ou Afonso Eiré, que dará a coñecer a obra "Gallegos unviersales. Influencia de Galicia en el mundo" e no que está presente a teoría do Colón galego.

No espazo infantil haberá maxia, contacontos teatralizado, música ou o obradorio "Ciencia á Feira" que promove o Consello Superior de Investigacións Científicas no Ano Internaciona dos Legumes.

Tamén se celebrará hoxe o espectáculo central do Culturgal 2016, co que Xosé Manuel Budiño celebra o 20 aniversario do seu álbum de debut. O concerto comezará ás 21.30 horas e no mesmo participarán outros seis instrumentistas e Mercedes Peón como convidada especial. As entradas, a 14 euros máis gastos, poden mercarse en ataquilla.com.

E se os distintos públicos valoran o feito de ter actividades específicamente deseñadas para eles, os profesionais felicitan os resultados de Culturgal . É o caso de Andrea Jamardo, de Urco Editora, que trae a feira "unha das nosas novidades máis especiais, a colección Mulleres Bravas da nosa historia, que a sacamos adiante coa axuda de micromecenazgo; tamén un xogo de cartas e apostamos bastante pola traducción". Urco Editora estivo presente en varias edicións da feira e o balance da participación e "moi bo, nótase nas vendas e na xente, sobre todo pola xente que nos escribe e nos da a noraboa polos libros que sacamos, que é algo moi importante".

Tamén está satisfeito Anxo García, da Asociación Cultural Morreu o Demo, adicada á recuperación do monicreque tradicional de cachiporra de Barriga Verde, tan ligado á parroquia pontevedresa de Lérez, onde se asentou unha parte da familia. Formaban unha compañía profesional que "sempre fixo teatro en galego, mesmo nos anos da guerra civil que se pudo actuar", destaca Anxo García.

De Morreu o Demo tamén forman parte duas compañías que comparten stand na feira, Títeres Alacrán e Viravolta. "Coma toda a cultura, os títeres están nun momento de crise pero vamos superandoa coa habilidades que temos os titiriteiros para movernos", sinala o representante de Morreu o Demo.

Ésta participou en distintas edicións do Culturgal e os seus voceiros sinalan que "é interesante estar aquí pola relación con outros productores de cultura en Galicia, é unha ocasión para vernos, intercambiar experiencias e incluso xerar proxectos novos".