Susana Regueira

Xabarín, Pikachu, Doraemon, as mulleres bravas da nosa historia, os monicreques, O Principiño...Centros de persoeiros xurdidos da imaxinación e outros tantos científicos, investigadores, mestres, historiadores, escritores, actores etc están presentes desde hoxe no Pazo da Cultura de Pontevedra, onde esta fin de semana se celebra Culturgal.

É o gran escaparate da cultura galega, que se desplega neste 2016 en máis dun cento de espazos nos que están representados 81 empresas dos sectores do libro, o audiovisual, as novas tecnoloxías, o teatro, a danza, a ciencia, a arte contemporánea, a lingua...

Baixo o lema "Cultura, Comunidade, Futuro", de novo quere ser una cita de referencia para presentar productos e servizos e para o encontro entre os creadores culturais e os públicos, "tanto o familiar como os especializados, que ano a ano ganan protagonismo", lembrou o presidente da Asociación Culturgal, Manuel Bragado.

O alcalde de Pontevedra e anfitrión do Culturgal, Miguel Fernández Lores, o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o diputado provincial de Cultura, Xosé Leal, acompañaron está mañá aos organizadores e expositores na apertura da feira. Ésta ten os stands vendidos desde as primeiras semanas de setembro e neles poden verse as principais novidades que as empresas presentarán no 2017.

Ata 150 actividades sirven de complemento da oferta das empresas e profesionais. Hoxe no Espazo Foro celebrasen as xornadas profesionais Escena Galega, que analizan os contextos de proximidade para facilitar a mobilidade escénica e crear novos públicos, a presentación da Guía Ninja do Ilustrador, a consultoría da cultura "A seguridade nos espectáculos públicos" e o debut do proxecto musical de Carmen Penim.

No Espazo Libro preséntase ás 18.30 horas "A palavra perdida", o primeiro libro para a infancia de Inês Fonseca Santos. Media hora más tarde principiarán as conversas de Inma López Silva, Xosé Monteagudo e Manuel Esteban coa xornalista Montse Dopico. Pola súa banda, as actividades no Espazo Carpa incluirán o espectáculo "Cantos de poeta" a partires das 19.30 horas, un traballo que consiste nunha antoloxía de 14 dos principais poemas da lírica galega musicados por Federico Mosquera e Mario G. Cortizo; e a presentación do disco "Os amigos dos Músicos".

Na zona infantil haberá actuacións e espectáculos a partires das 19 horas coa agrupación teatral "Fedellas", o contacontos do libro "O cociñeiro Martiño" e as danzas de "Virapé" e no Salón de actos acollerá as actividades vinculadas á videocreación con Lucía Estévez e Iria Silvosa.

Así foi o Culturgal 2015