Un grupo de amigos do Pai Francisco Carballo desenvolve unha programación conmemorativa do segundo cabodano da súa morte. O programa acolle a celebración de dúas misas en galego e unha delas se celebrará hoxe en Placeres ás 19.00 horas. Mañá, Afonso Eiré ofrecerá unha conferencia no Museo Torres ás 20.00 horas.