O dúo de acordeonistas formado por Jaime Vilas e Manuel Olegario actuará hoxe no Venres do Ateneo, a partir das 21.00 horas. Ofrecerán un repertorio a base de pezas moi coñecidas como "Cumparsita" e "Cambalache", xunto con melodías tradicionais como a jota ou os ritmos de procedencia arxentina, e temas populares do folclore galego como "Na beira do mar", "Carolina" ou "Vén bailar, Carmiña".

Consulado de Arxentina

Este recital enmárcase no ciclo "Pontegal" da Deputación de Pontevedra e conta coa colaboración do Consulado Xeral de Arxentina en Vigo. No acceso, os socios achegarán unha doazón de 1 euro; e 2 euros os non socios.