Os Premios Ernestina Otero xa teñen gañadores. Os premios están promovidos pola Concellería de Igualdade co fin de incorporar a perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e máster para os alumnos das universidades galegas.

O xurado acordou por unanimidade outorgar os galardóns a: Na categoría Traballos de Fin de Grao: "O impacto da Coeducación no desenvolvemento persoal" do que é autora Tamara Fernández Amosa.

Outro premio foi para "A educación afectivo-sexual en persoas con diversidade funcional e intelectual, feito por Bárbara Penas Rey.

Escola de Igualdade: Proxecto de formación en igualdade de xénero para o monitorado de "Noites Abertas", de Ignacio Márquez Collazos.

Na categoría Traballos de Fin de Máster os gañadores foron "As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son os fillos de puta). O concepto "bruxa" na creación audiovisual contemporánea", de Rebeca López Villar.

Integran o xurado que avaliou os traballos presentados: Carme Fouces Díaz, concelleira de Igualdade; Rosa Campos Briones, directora do CIM; Anabel Gonzalez Penin, directora Unidade de Igualdade Universidade de Vigo; Montserrat Golías Perez, representante da Universidade da Coruña; Dolores Vilavedra Fernández, representante da Universidade De Santiago.

As persoas premiadas recibirán, ademais da achega económica, un diploma de mención pola presentación do seu traballo que se entregará nun acto público que se vai a celebrar o día 28 na Casa da Luz.