"En ruta coa Depo", programa da Deputación de Pontevedra xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, organiza para esta fin de semana novas saídas pola provincia, nas que van participar 1.152 persoas pertencentes a asociacións dos concellos de Baiona, Forcarei, Mos, Cangas, Vigo, Marín, Bueu, Redondela, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e A Estrada.

En concreto, nas rutas desta fin de semana participarán a Asociación de Viudas Mercedes de la Escalera e AAVV Castroeladeira de Sabarís (Baiona); a Asociación de Maiores (Forcarei); Los Previsores de la Peña de Francia (Mos); a Asociación de Mulleres Escola Vella do Hío (Cangas); Asociación VV. Nosa Terra de Alcabre, Coral María Auxiliadora, Asociación de Mulleres Xestas de Bembrive, Asociación Os Ventos de Comesaña e Asociación de Veciños Praza da Miñoca (Vigo); Asociación Veciñal O Tombo (Marín); Asociación Cultural Amigos da Vieira (Bueu); A.V.D.C. Miñoteira (Redondela); Down Pontevedra Xuntos e Federación Boa Vila (Pontevedra); Asociación de Mulleres en Igualdade da Xesta (Lalín); Asociación Cultural Irmáns Barcia (Ponteareas); Asociación Mulleres Rurais A Torre da Barreira de Riobó e Asociación Parroquial de Veciños de San Juan de Sarteles (A Estrada).

Estas asociacións realizarán rutas polo concello de Cambados e Ribadumia; visitarán o conxunto histórico de Salvaterra, o parque da Canuda, o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea e as pesqueiras do Miño; percorrerán Catoira, Vilagarcía de Arousa e Cuntis; achegaranse a Silleda para coñecer o Mosteiro de Carboeiro, a fervenza do Toxa, castros e un taller de zocos; visitarán os museos de Lalín e o complexo arqueolóxico aldea de Codeseda; percorrerán Meis e Ribadumia; percorrerán Barro, Portas, Caldas de Reis e Cuntis; achegaranse ata O Grove para visitar o seu conxunto histórico, a Illa da Toxa, o miradoiro do monte da Siradella e a praia da Lanzada e visitarán a Illa de San Simón e o concello de Redondela.

"En Ruta coa Depo" é un programa da Deputación que propón alternativas de lecer dinámico e saudable pretendendo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais. Ofecense case vinte rutas distintas por lugares emblemáticos da provincia.