A Concellaría de Xuventude organiza o vindeiro 19 de novembro a I Xornada da Escola municipal de igualdade para a mocidade que se celebrará durante toda a mañá no Pazo da Cultura. Xuventude leva traballando no ámbito da igualdade e da muller en todos os seus programas buscando unha discriminación positiva en todas as actividades que organizan dende o Local de Música até as programacións de Noites Abertas. Dentro da programación de Noites Abertas creouse un equipo da xestión da igualdade e a raíz desta experiencia a Concellaría acordou dar un paso máis e organizar a I Xornada da escola municipal de igualdade para a mocidade. Aínda que a asistencia é de balde, é preciso inscrición previa na dirección web apuntate.pontevedra.eu/i-xornada-escola-municipal-de-igualdade-para-a-mocidade. Celebrarase ademais unha mesa redonda sobre "A importancia dun gran de area" cos temas Pequenas grandes experiencias sobre Igualdade e Mocidade; "Proceso feminista no IEs de PonteCaldelas" . Chus Diéguez Roxo e Susana Trigo Arcos; "Obxectivo: Igualdade" do IES Luis Seoane de Pontevedra. María Xosé Dourado, Luisa Márquez, Yaiza Iglesias e Alba Martínez; Comisión de Igualdade de Noites Abertas. Rocío García, Antía Martínez e Alberto Fdez; e Consello da Muller Nova de Pontevedra, con representante do consello.