O Concello de Ponte Caldelas celebra hoxe o Día da Biblioteca. Para elo vai organizar unha exposición das últimas novidades editoriais en galego, que xa están dispoñibles para os lectores locais. Un amplo abano de volumes que cubren todos os xéneros, dende ficción a novela, banda deseñada, poesía e teatro, ata obras xerais de divulgación científica e humanidades.

Entre as novidades destacan tamén as dedicadas á literatura infantil e xuvenil das editoriais Kalandraka, El patito editorial e Bululú, entre outras.