Serrulla e Picallo debaten en Cuntis sobre a Guerra Civil

As conferencias serán hoxe e mañán na Casa da Cultura

21.10.2016 | 03:10
A mostra sobre os campos nazis atópase na Casa da Cultura de Cuntis. // Noé Parga

Esta fin de semana continúan os actos programados dentro do programa da II Edición do Mes da Recuperación da Memoria Histórica. Deste xeito, hoxe, ás 20.30 horas na Casa da Cultura, o antropólogo forense Fernando Serrulla Rech, ofrecerá unha conferencia na cal abordará o proceso de apertura das fosas comúns da Guerra Civil Española, e o traballo de recuperación dos restos das vítimas da Guerra Civil, ofrecendo un punto de vista diferente e pouco analizado até o momento.

Pola súa banda, mañán, ás 12 horas, o erudito local, Heitor Picallo, abordará a represión franquista en Cuntis e na comarca do Umia, cando se cumpren 80 anos do golpe de Estado de 1936 e consecuentemente do inicio da represión franquista. Deste xeito, Picallo amosará toda a información recopilada durante moitos anos de investigación do sucedido en Cuntis neses fatídicos anos.

Así mesmo, dende o pasado luns está exposta na Casa da Cultura a exposición "Exilio e Deportación: Joaquín Balboa e Antonio Pérez, de Monterrei e Boborás aos campos nazis"; que aborda a historia deses dous galegos que estiveron presos durante a Segunda Guerra Mundial nos campos de exterminio. Esta dará paso dende o luns 24 á exposición "Crónicas da Represión Lingüística", de Xan Leira, que aborda un dos eidos nos que se centrou a represión do entramado franquista dende o golpe de estado coa persecución e represión de todas aquelas persoas que non cumprían este dictame.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Pontevedra

Luisito: "Defendimos con una parsimonia tremenda"

Luisito: "Defendimos con una parsimonia tremenda"

"Así no vamos a ningún lado, no entreno a cadetes, sino a profesionales", aseguró

Soluciones al atasco a base de movilidad

Soluciones al atasco a base de movilidad

El equipo necesitaba una revolución. El Pontevedra había completado una primera...

El Pontevedra tropieza en su debut

El Pontevedra tropieza en su debut

Los errores defensivos condenaron al equipo granate, que encajó un tanto en el primer minuto

Derbi de altura para empezar la liga

Derbi de altura para empezar la liga

- El Pontevedra debuta esta mañana esta temporada en el campo de Barreiro (12 horas) contra el...

La SD Teucro vence y convence

La SD Teucro vence y convence

Los azules le devuelven la derrota al Braga (33-31) en el debut en casa de la pretemporada -...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine