O "Venres do Ateneo" ten programada para hoxe unha velada musical na que o músico moañés Alejandro Galansky será o protagonista, a partir das 21.00 horas. O seu repertorio incluirá composicións de diferentes estilos, dende o máis clásico ata o jazz, pasando pola música folk, o pop ou os sons procedentes do leste de Europa.

Titulado superior en Composición no Conservatorio Superior de Música de Vigo, actualmente cursa o Grao Superior na especialidade de saxofón, o instrumento que vai centrar a súa actuación no Ateneo Santa Cecilia de Marín. Tamén imparte clases de música, é luthier de saxofón e clarinete. Ademais de compositor, fai arranxos musicais e obras orixinais para agrupacións musicais e bandas sonoras para traballos audiovisuais. O recital de Alejandro Galansky enmárcase no ciclo "Pontegal" da Deputación de Pontevedra. No acceso, os socios do Ateneo achegan unha doazón de 1 euro; 2 euros no caso dos non socios.