Con amor, arraigo e identidade

Arranca unha nova xeira de actividades para familias e nenos do programa Apego

14.10.2016 | 03:07
Alberto Oubiña coa mascota de Apego, un pulpiño de trapo. // G. S.

Amor, arraigo, lingua, orgullo e identidade fundense no programa Apego, que busca fortalecer o emprego da lingua galega nas familias de Pontevedra, en concreto entre as que acaban de ter nenos. Cento cincuenta parellas participan nestas actividades, que se reanudan neste outono con novas propostas como unha ruta urbana para descubrir a lingua que atesoura Pontevedra.

O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou onte a nova xeira de actividades deste programa que tamén se desenvolve noutros 23 concellos galegos. "Non só se busca ofrecer actividades senón a implicación dos pais", sinalou o edil, de xeito que as familias apliquen la casa os recursos que se lles ensinan en Apego, coa idea de que os nenos aprendan a lingua de xeito natural ó tempo que descubren o mundo e que en xeral teñan ó galego como vehículo de expresión dende o nacemento.

Ata o momento 150 familias participan en Apego, polo que se teñen interesado tamén parellas de Marín, Sanxenxo, Poio ou Pontecaldelas, ás que se lles remitiu información xa que as actividades restrinxense ós pontevedreses.

Outra das características de Apego é que se traballa con empresas, grupos de teatro, profesionais etc de Pontevedra, que imparten os obradoiros, as sesións formativas ou as rutas guiadas.

Nesta nova entrega do programa haberá cinco actividades, unha primeira é un obradoiro de cantigas, xogos de berce, de dedos etc pensado para familias con nenos de 0 a 3 anos e do que haberá duas entregas. Tamén están as rutas urbanas por Pontevedra, unha iniciativa á que se convidará a familias doutros concellos.

Outra oferta será "Orella pendella", un obradoiro con Migallas Teatro que consistirá en duas sesións de narracións orais para nenos de 0 a 6 anos con ditos, refráns, música en directo etc.

Pola súa banda, o grupo Pavís-Pavós impartirá un obradoiro de contos para bebés de 0 a 3 anos, nunha actividade pensada para que os pais aprendan historias que contar ós máis pequenos da casa.

Finalmente, desenvolverase "Axúdame a expresar", un obradoiro de expresión oral que se desenvolverá nunha única sesión o día 17 do vindeiro mes de novembro e que está concibido específicamente para pais, ós que se lles explicará a teoría Monteroni.

O concelleiro de Normalización Lingüística felicitouse polo "importante incremento" da demanda por parte das familias coa saída do vídeo que publicita Apego. Éste agasalla ás familias que agardan un bebé cunha caixa na que figura a mascota do programa, un pulpiño de trapo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine