O programa Apego, impulsado polo Concello de Pontevedra para aumentar a porcentaxe de nenos que reciben o galego desde o berce, chega xa a familias de 23 concellos, logo da incorporación de Moaña e dez novos municipios da provincia da Coruña. Xunto á capital, en Pontevedra participan Redondela e Vigo.