O Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia e do Concello de Poio realizará diversas actividades no mes de outubro como o da iniciación a informática.

Así, dende o luns 3 ao 7 celebrarase o curso "Alfabetización dixital: Iniciación á Informática", co que se pretende que o usuario obteña os coñecementos básicos para manexar un ordenador. O usuario ao finalizar o curso poderá acender e apagar correctamente o computador, manexar o rato con soltura, familiarizarse co escritorio e as ventás e aprender a xestionar arquivos e carpetas.

Non se precisan coñecementos previos. O horario será de 16.30 a 18.00 horas.

Así mesmo, o curso de Follas de cálculo con libreoffice (nivel medio): será do día o luns 3 ao venres 7 de outubro será nas mesmas datas.

Requírese coñecementos básicos de ordenador e do uso dalgunha folla de cálculo. O horario será de 19.00 a 20,30 horas.

O de iniciación á internet desenvolverase do 10 ao 14. Neste curso utilizarase o navegador de software libre Mozilla Firefox e o gratuíto Google. Será en horario de 16.30 a 18.00 horas.