Cine, política e igualdade serán os protagonistas do acto aberto dirixido, preferentemente, ás mulleres que organiza o BNG de Marín. O marco escollido será o Cine Seixo, no cal se prexectará o filme "Sufraxistas". Será hoxe, a partir das 19.30 horas. A entrada será de balde até completar o aforo de 200 butacas, e as invitacións pódense retirar no propio Cine Seixo. Para máis información o teléfono de contacto é o 607 473 625.

"Sufraxistas" é unha película de estrea recente protagonizado por Meryl Streep e Helena Bonham Carter. Conta a historia das sufraxistas inglesas nos albores da Primeira Guerra Mundial. Unhas mulleres que estaban dispostas a perdelo todo na súa busca incansable pola igualdade. Trátase tamén da historia dunha loita pola súa propia dignidade e a das súas compañeiras. Ademais da proxección, terá lugar tamén no propio cine, un coloquio.