O teatro en Marín 1960-1975 (II)

A Asociación Cultural Santa Cecilia intensifica a actividade teatral co seu Grupo de Teatro Aficionado de Marín

21.08.2016 | 05:24
Cartel do Gran Festival Infantil da Asociación Cultural Santa Cecilia. // Arquivo Ateneo Santa Cecilia

Nesta entrega as Crónicas do Teatro no Morrazo retoman a historia no municipio de Marín durante o periodo comprendido entre 1960 e 1975. A Asociación Cutural Santa Cecilia celebra xornadas teatrais no marco das semanas culturais organizadas polo Ministerio de Información e Turismo e un Día do Teatro cunha adaptación del Grupo de Teatro Popular COPE de Vigo. Lembrar que a totalidade das "Crónicas do Teatro no Morrazo" poden consultarse no Facebook da Revista Galega de Teatro: www.facebook.com/rgt.galegateatro.

O 25 de abril de 1970, no marco dun Festival Infantil organizado pola Asociación Cultural Santa Cecilia, represéntase un xoguete cómico titulado Examen de Grado, dirixido por Magoya González, e no mes de maio dedícaselle unha nova xornada ao teatro, no marco das Semanas Culturais de Primavera, organizadas polo Ministerio de Información e Turismo en diferentes localidades da provincia. En Marín, ademais dunha exposición de artes plásticas, unha xornada de cine, a actuación musical dunha coral e unha conferencia-coloquio, celébrase o 23 de maio un Día de Teatro, coa obra Proceso a la sombra de un burro, adaptación do Grupo de Teatro Popular COPE de Vigo da peza radiofónica homónima do escritor suízo Friedrich Dürrenmatt.

A partires do mes de febreiro de 1970 intensifícase a actividade do Grupo de Teatro da Asociación Cultural Santa Cecilia, baixo a dirección dun membro da Xunta Directiva, Francisco Cagigas Díaz. En xaneiro de 1971 xa co nome de "Grupo de Teatro Aficionado de Marín" ao abeiro do Ateneo, representan Llama un inspector de J.B. Priestley no salón de actos do instituto. En setembro de 1972 este mesmo grupo pon en escena En alta mar de Slawomir Mrozeck no salón de actos da biblioteca pública.

Caracterizada na prensa da época coma unha das obras de teatro máis significativas da arte escénica contemporánea, é unha obra profunda na que os personaxes, tres náufragos, teñen que tomar unha decisión moi complexa: comer a un para que sobrevivan os outros dous. Ante os espectadores ensáianse fórmulas "políticas" tan presentes daquela coma hoxe, e afloran os intereses, a corrupción, a loita polo poder, as alianzas e a ambición.

"Antroido" de Santiago

En 1975 o Grupo de Teatro "Antroido" de Santiago de Compostela, pertencente á agrupación cultural O Galo, representa o 3 de marzo a farsa para títeres de cachiporra Amor e crimes de Xan o Pantera, de Eduardo Blanco Amor, interpretada por Roberto Vidal Bolaño e coa dirección compartida con Xaquín García Marcos.

Nos días posteriores no Faro de Vigo e en El Pueblo Gallego reséñase o éxito da representación.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine