A historia colectiva e as incertezas morais están na base da nova novela de Luis Rei, que se presentou onte no Sexto Edificio do Museo nun acto no que interviron, ademáis do autor, a profesora de Lingua e Literatura na Universidade de Vigo Ana Acuña Trabazo, o escritor e xornalista Xosé Enrique Acuña, a escritora e académica Fina Casalderrey, o mestre e hsitoriador Xosé Álvarez Castro, o músico Óscar Ibáñez e o director de Edicións Xerais Manuel Bragado.

A novela, coa que Luis Rei regresa á non ficción, céntrase nos anos posteriores á Guerra Civil, unha traxedia que Castelao intuiu meses antes, como proba unha das cartas que se amosan na exposición "Meu Pontevedra", a so uns metros do auditorio onde se presentou a obra.

Nunha entrevista Castelao asegurou que nos días previos á sublevación en África "eu continuaba na capital con motivo de certas xestións para a entrega do Estatuto Galego... Tres días antes de estoupar o Movemento, non obstante, quixen marchar a Galicia. Cheguei á estación no preciso momento en que saía o tren. Vin partir o convoi e quedei moi triste porque eu sabía que ía comezar o Movemento en África, e quería estar na miña terra. Ó día seguinte xa no había trens. A iso debo estar vivo, probablemente". Nunca regresaría a Galicia.