O Museo Torres foi escenario onte da entrega dos Premios Lingua da Asociación Queremos Galego. O galardón Lingua de Ouro, na categoría individual, recaeu en Lara Dopazo Ruibal, un dos novos valores da literatura galega, e na categoría de colectivos, a Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) pola súa defensa da ría de Pontevedra. O premio Lingua de Trapo foi para dous curas de Marín, José Antonio Pedrosa e Fernando Chacón, que se negaron a oficiar unha misa en galego.