O Museo Municipal Manuel Torres acollerá mañá, ás 20.00 horas, o acto de entrega dos premios do certame literario "No verán refréscate cos libros", convocado polo Concello de Marín. Alumnos dos colexios da Inmaculada, San Narciso e Sequelo gañaron nas respectivas categorías e recibirán estes premios, que consisten en cheques por valor dos libros de texto para o vindeiro curso escolar.