21 de junio de 2016
21.06.2016

A Xunta premia a alumnos do CPI Toural de Vilaboa no certame de cooperativismo

21.06.2016 | 02:32

La Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración con o Consello Galego de Cooperativas, entregou os premios aos preto de 50 alumnos de ESO do CPI Toural de Vilaboa que resultaron galardoados no certame "Cooperativismo nas escolas".

Os alumnos do colexio gañaron un accésit na modalidade de F/E co traballo titulado 'Radio Toural: A Voz da Terra'. Trátase dun programa de radio a través do que se traballan as habilidades comunicativas, o traballo colaborativo e a participación, realizado a través de varios equipos.

Os premiados recibiron durante o acto presidido polo xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, materiais didácticos, audiovisuais ou informáticos valorados en 2.000 euros.

Esta actividade forma parte do programa de actividades que a Xunta desenvolve ao longo de todo o ano para promover os valores do cooperativismo e das actuacións que está a desenvolver con motivo do Día do Cooperativismo, que se celebra este ano o sábado 2 de xullo. "Cooperativismo nas Escolas" é unha iniciativa coa que se promove entre os estudantes de Galicia o coñecemento desta fórmula empresarial.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine