Noa Fernández Curra, de 9 anos, gañou o concurso "Adopta un animal de conto" que convocou a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) co gallo do Día Internacional do Libro Infantil, na molidalidade de lectores avanzados.

Os participantes tiñan que escoller seu animal preferido dun conto, facer un debuxo del e explicar nun texto a razón da súa escolla. Noa Fernández, que se presentou a través da Bilioteca Pública Odriozola, elexiu o libro "Das cousas de Ramón Lamote" de Paco Martín.