A Concellería de Cultura en colaboración coa ACDeM Armadiña van organizar o II Certame de Curtas Armadiña, co obxecto de dar difusión e fomentar o audiovisual galego. Na comisión de Cultura aprobáronse as bases que van rexer que rexeran este certame e que se achegan.

Asemade, se informa de que a Asociación xa ven de activar a web http://curtas.armadinha.gal/ na que podemos atopar información sobre este festival. Tamén, se da conta no facebook Poio Cult Up e na web concellopoio.gal

A II Edición do Certame de Curtas Armadiña 2016 terá lugar no Casal de Ferreirós os días 18, 19 e 20 de novembro, e a participación será gratuita e está aberta ao ámbito internacional.

Nas bases dase conta de que cada autor ou promotora poderá presentar o número de curtas que desexe; e quedaran excluídos os traballos de índole publicitaria ou que atenten contra a dignidade das persoas por discriminación de sexo, relixión, raza, orientación sexual.

O certame componse de dúas seccións competitivas: Sección Oficial e Sección Especial "Memoria Histórica". Poderán ser presentadas a Sección Oficial todas as curtametraxes rematadas con posterioridade ao 1 de Xaneiro de 2015 e que non fosen enviadas ao certame en edicións anteriores.