La Concellaría de Mocidade, a través de la OMIX, da continuidade ao programa "Os oficios" que se ven desenvolvendo no IES de Poio cunha nova edición do oficio de redeira que se vai impartir hoxe e tamén o xoves, día 16, no que participará o alumnado de segundo da ESO.

Serán en total 104 rapaces do instituto os que asistirán a esta actividade que pon fin, por este curso escolar, ao dito programa.

Este é un programa de recuperación de oficios tradicionais que ten moita aceptación por parte da dirección do IESP e o alumnado e que consta da realización de talleres cunha parte teórica na que se lles explica ós rapaces a antiguidade do oficio, neste caso o de redeira e as súas peculiaridades, así como se lles mostran diversos materiais e ferramentas utilizadas para elaborar as redes, para rematar despois cunha parte práctica na que os alumnos elaboran un pequeno cadro con nús mariñeiros.

A Aixola

A escola de formación mariñeira, "A Aixola", deixa os materiais que se precisan para dar unha breve explicación: artes de pesca, nasas, corchos, boyas....

O horario no que se vai desenvolver esta actividade, tanto o martes coma o xoves,é de 9.50 a 11.30 e de 12.00 a 13.40 horas.