O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, visitou onte as instalacións da factoría de Clesa en Caldas, onde participou nun acto con 45 alumnos do CPI Progreso de Catoira, que gozaron dun contacontos sobre o texto do libro "Da granxa á merenda", editado pola compañía. Precisamente o conselleiro destacaba a labor de Clesa no marco das súas accións de "responsabilidade social empresarial e do seu compromiso coa protección e o fomento do uso da lingua propia de Galicia".

Rodríguez, acompañado na súa visita nas instalacións da fácbirca polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; polo conselleiro delegado de Cooperativas Lácteas ACOLAT, José Luis Antuña; polo conselleiro e presidente da Cooperativa de Melisanto, Pablo Costoya e polo xerente de CLESA, Pablo Gómez, anunciou que dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística está a traballar na aprobación dun plan de dinamización da lingua galega no tecido económico que está a piques de ser sometido á consideración do Consello da Xunta.