Poio segue homenaxeando a Manuel María, o poeta ao que se lle dedicou o último Día das Letras Galegas. Esta tarde, a partir das 20 horas, o centro cultural Xaime Illa acolle un recital poético sobre o autor. É un evento organizado pola asociación de Escritores e Artistas Españois, que tamén falará da obra de Miguel de Cervantes no ano do 400 aniversario do seu falecemento, e a concellería de Cultura, que pon deste xeito fin aos actos do Día das Letras Galegas.