| O colexio de Xeve foi escenario onte da conversa con García MC do grupo de hip hop Dios Ke Te Crew, que foi entrevistado por Susana Pedreira e respostou ás preguntas dos asistentes. Na cita participaron 104 escolares de Campañó, Lérez e Xeve, que tamén participaron nunha charla con Manuel Veiga Taboada, coautor do libro "Manuel María. Vida, versos e rebeldía".