Os nosos nenos cantan en galego

104 escolares participan hoxe en actividades musicais do Ponte Regueifa

08.06.2016 | 02:55
O grupo de hip hop Dios Ke Te Crew. // Noé Parga

Máis dun cento de escolares participarán hoxe no Cántamo en Galego!, unha actividade promovida pola A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra que reunirá a estudantes de quinto e sexto curso de Primaria do colexios Parada-Campañó, San Bieito de Lérez e Santo André de Xeve (42).

A sesión comezará no CEIP de Xeve ás 10.00 horas co Cántamo en Galego! dentro do proxecto Ponte Regueifa. Susana Pedreira entrevistará a García MC, un dos compoñentes do grupo de hip hop Dios Ke Te Crew que, posteriormente, contestará as preguntas dos rapaces.

Ás 11.30 horas, unha vez rematado o recreo, o grupo participará nunha charla con Manuel Veiga Taboada, coautor do libro "Manuel María. Vida, versos e rebeldía", co que os estudantes estiveron a traballar na aula antes da sesión.

Nesta obra o autor relata vida cotiá de Manuel María, acompañado sempre da súa dona, Saleta Goi, mais tamén é un percorrido polas súas actividades como procurador, libreiro, editor, xornalista...

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine