No centenario das Irmandades da Fala, o Clube de Opinión Portocelo celebrou un acto conmemorativo do 140 aniversario de Ramón Cabanillas, "poeta da raza" e un dos precursores do secular movemento galeguista. O acto consistíu nunha disertación sobre "Ramón Cabanillas, o poeta das Irmandades da Fala", a cargo do Francisco Fernández Rei, catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago e membro numerario da Real Academia Galega. A esta conferencia seguíu un recital poético con poemas de Cabanillas, no que participarán Tesi L. Carragal, Queta Molas e Mayka Brañas, e ao que lle puxo música o grupo folcórico Pousos da Area. Tamén asistíu o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal. O acto contou coa presenza da neta do recordado poeta cambadés, Pitusa V. Cabanillas, gran defensora e promotora do legado cultural do seu avó. Ramón Cabanillas, nacido en Cambados o 3 de xuño de 1876, foi outro dos intelectuais galegos que tiveron certa vinculación con Marín a través dos Xogos Frorais que organizaba o Ateneo.