O Museo Manuel Torres acolle hoxe ás 20.30 horas, un acto conmemorativo do 140 aniversario de Ramón Cabanillas organizado polo Clube de Opinión Portocelo. Esta actividade se realiza coincidindo co centenario das Irmandades da Fala e consistirá nunha disertación sobre "Ramón Cabanillas, o poeta das Irmandades da Fala", a cargo do Francisco Fernández Rei. A esta conferencia seguirá un recital poético con poemas de Cabanillas o que lle poñerán música Samu Acuña (voz e guitarra) e o grupo folcórico Pousos da Area.